Carnavaleiros de Barcala
Amigos do Carnaval de Barcala, con ganas de carallada e festa.
mércores, 24 de xaneiro de 2018
xoves, 11 de xaneiro de 2018
Xa está aquí o Entroido 2018
Ábrese a inscrición para o Entroido 2018
11 de Xaneiro de 2018
O
desfile a mediodía dos nenos e nenas da Escola Infantil Municipal polas
rúas da vila, marcará o pistoletazo de saída o venres 9 de febreiro,
aos grandes festexos do popular Entroido 2018 do Concello de Negreira,
seguido pola noite da actuación da orquestra Os Satélites, ás 23 horas,
na Praza do Concello, onde haberá unha carpa.
Polo que se refire ao gran desfile de carrozas e comparsas, o sábado 10 de febreiro, hoxe mesmo ábrese a inscrición para as agrupacións interesadas en participar nun desfile que arrincará ás cinco da tarde dende o Campo da Feira para percorrer as principais rúas de Negreira, rematando diante da Casa do Concello, onde ás seis da tarde terá lugar a lectura do pregón.
O Concello de Negreira manten a cuantía económica dos diferentes premios en metálico: 1.000; 600; 300; 150 e dous accésits de 100 euros, respeitivamente, tanto na modalidade de carrozas como na de comparsas. En grupos os premios serán de: 250; 150 e 100 euros, e na modalidade de individuais/parellas de 150, 100 e 50 euros, para os tres primeiros clasificados. En canto á modalidade de mellor copla ¨Juan Varela Areoso¨, a cuantía é de 100 euros.
Como colofón ao gran desfile de carrozas e comparsas do Entroido 2018 tralo mesmo, haberá unha entrega de premios na Praza do Concello, onde a orquestra Xacobeo amenizará a festa.
O domingo 11 de febreiro, a partir das 10 horas vaise celebrar a II Festa dos Callos que organiza a SD Negreira, baixo unha carpa instalada na Praza do Concello, e xa pola tarde, o baile de disfraces para maiores no Centro Sociocultural, a partir das sete da tarde e amenizado por un dúo musical.
O luns 12 de febreiro é a quenda para o baile e concurso infantil de disfraces, dende ás cinco da tarde no Centro Sociocultural, cuxos premios pódense consultar máis abaixo.
Por último, e como principal novidade, o Concello recupera o seu concurso de receitas de Entroido, cuxas bases pódense consultar nesta web. O fallo do xurado e entrega de premios efectuarase o sábado 17 de febreiro nun acto a desenvolverse no Centro Sociocultural, dende as sete e media da tarde. Inclúe premios para as tres mellores receitas.
luns, 22 de febreiro de 2016
sábado, 13 de febreiro de 2016
venres, 5 de febreiro de 2016
AVISO IMPORTANTE- SUSPENDIDO O DESFILE DE MAÑA, QUEDA PARA O DÍA 20
ATENCIÓN: Queda adiado para o sábado día 20 de febreiro, o desfile do Entroido de Negreira, debido ao mal tempo. É a primeira vez que isto sucede nos anos en que vénse celebrando o concurso de carrozas e comparsas!!
xoves, 21 de xaneiro de 2016
venres, 20 de febreiro de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)