venres, 18 de febreiro de 2011

Por Amor - Mariachi Vargas de Tecalitlan

A Asociación veciñal "A Barcalesa" recorda a Juan Varela no medio ano do seu pasamento

6 MESES SEN TI, A JUAN VARELA AREOSO


Ninguén coma ti contará xamais as historias das xentes de Barcala, ninguén saberá encandilar a xeracións e xeracións coas anécdotas do noso pobo, ninguén amará coma ti a nosa terra, a nosa Barcala.

Moitas xeracións de barcaleses medramos ó teu carón, coas túas troulas, co teu sarcasmo tan galego, coas túas falcatruadas, co teu carácter afable, coas túas bromas, coas túas risas...

Pequeniño, co teu pelo branco e o sorriso nos beizos, afable, agarimoso, sentimental, trouleiro, loitador, optimista, amigo dos teus, amante da terra,... así te lembraremos para sempre en Barcala.
En tódolos barcaleses deixas unha pegada importante. Un cacho de Barcala morreu contigo aquel 13 de agosto.

Amigo, levarémoste para sempre no noso corazón. Ti foches un lazo de unión entre nós e seguiralo sendo sempre.

Xamais esquenceremos o teu sorriso nos momentos de loita coa longa enfermidade a que lle foches gañando batallas e aquelas verbas de ánimo que ti nos dabas a nós. Esa forza que tiveches ata o último momento e que nos contaxiaches a todos os que che rodeamos.

Terémoste sempre presente en tódalas festividades que organice a AA.VV “A Barcalesa” pola que ti tanto loitaches e tanto traballaches coma socio, coma Presidente nos anos 90 e coma Vicepresidente estes últimos anos do teu estadío terrenal.

Cada festa de reis, cada sardiñada de San Xoán, cada Festa do Socio, cada actividade que se organice e cada traballo que se faga estarás con nós dende o ceo onde seguro que xa atopaches eses grandes amigos de Barcala que partiron antes nesta particular viaxe. De seguro que estarás tomando uns viños con Ardeiro e Joseíto Pensado, grandes amigos teus e desta terra barcalesa.

Vai por ti amigo! Vai por aqueles días de troula que pasamos en Pau de Raposo grazas ás túas verbas, ós teus chistes, as túas anécdotas reais, ás túas ideas para argallar cousas pola parroquia, ás festas e as tristezas que pasamos xuntos.

A túa imaxe sempre estará presente en Pau de Raposo e en Barcala nas mentes e nos corazóns de tódolos veciños, dende os máis vellos que notan cada día a falta daquel veciño agradable, simpático e cariñoso que os ía visitar, ata os máis nobos que recordamos como nos paseaches de pequenos, comos nos levaches da túa man a coñecer a historia de Barcala e aquelas anécdotas que só ti sabías contarnos.

Aínda que non esteas físcamente connosco sempre estarás presente en nós, nos nosos corazóns, no noso pensamento. Sempre haberá un recuncho no teu ben querido Colexio de Barcala adicado a ti. Vai por ti amigo!

martes, 15 de febreiro de 2011

ANTROIDO 2011 NEGREIRA

• Venres 4 de marzo. Festa Infantil no C.E.I.P. O Coto.

Gran Festa Infantil de disfraces dos nenos do Colexio.
Ás 22:00 h. Actuación da orquestra LOS ESPAÑOLES na Praza do Concello (haberá unha gran carpa).
http://www.orquestaespañoles.es/

• Sábado 5 de marzo. Gran desfile de carrozas e comparsas.

Ás 16:00 h. Concentración no Campo da Feira.
Ás 17:00 h. Comenzo do desfile.
Ás 18:00 h. Pregón a cargo de MONCHO BORRAJO


Ás 19:00 h. Entrega de Premios na Praza do Concello.
Actuación da orquestra LOS SATÉLITES (haberá unha gran carpa).
http://www.lossatelites.es/




Premio a mellor copla: 60 €.



• Domingo 6 de marzo. Gran baile de disfraces para a maiores.

A partir das 19:00 h. no Centro Sociocultural, baile de disfraces a cargo do Grupo Ouro.

Premios:
Mellor parexa: Unha noite nun Balneario de Galicia para dúas persoas.
Mellor disfraz: Unha cea para dúas persoas no Restaurante Tamara.
Mellor caracterización: Unha cesta productos de Entroido.

• Luns 7 de marzo. Baile infantil de disfraces no Centro Sociocultural.

Ás 17:00 h. Entrada no Centro Sociocultural.
Ás 18:00 h. Comenzo do desfile do concurso.

Premios:
GRUPO A (1 a 6 anos)
1º Cheque regalo (valor 100 €)
2º Lote Xogos Didácticos.
3º Lote libro


GRUPO B (7 a 16 anos)
1º Ordenador Portatil
2º Camara de fotos dixital
3º MP4

Máis información: teléfono 981 885 886, e-mail: culturadeportes@concellodenegreira.es