mércores, 11 de novembro de 2009

Presentación da Plataforma Máis Música


PRÓXIMAS ACTIVIDADES:
- VENRES, 13 de novembro: Xuntanza da Plataforma MÁIS MÚSICA para preparar as actividades inmediatas. Reunión aberta para todas as persoas e colectivos que queiran participar. Confirmación asistencia grupos e intérpretes á xornada musical do 22 de novembro en Santiago (20.30 h. Casa da Cultura de Negreira).
- XOVES, 19 de novembro: Acto literario-musical, presentación e firma do escrito coa petición do Conservatorio. Intervención de David Durán -director- e Fernando Rey -profesor- do Conservatorio Profesional de Música de Santiago. Actuacións musicais. Distribución dos carteis da Plataforma MÁIS MÚSICA (20 h. Casa da Cultura de Negreira).
- DOMINGO, 22 de novembro: A música da comarca barcalesa en Santiago. Nas prazas, rúas e locais da Compostela monumental, acompañando ós nosos músicos (na tarde-noite dese domingo, das 18 ás 24 h.).
....................................
..........(Deseño do logotipo MÁIS MÚSICA: Elena Paredes Sánchez, profesora de Debuxo no IES Xulián Magariños de Negreira).

xoves, 10 de setembro de 2009

XANTAR ANTROIDEIRO


O sábado 19 de setembro, os antroideiros do Val de Barcala e amigos, imos a celebrar un xantar na Area Recreativa de Cobas.

Teremos misa solemne ás 13:30 oficiada polo párroco D.Juan Varela (nativo del "Palo del Zorro"), bombas de palenque e sesión vermout ofrecida polo DUO OSMAR. Pola tarde noite tamén contaremos coa actuación do grupo rock ROCKIN´13.

Despois teremos xantar con Pulpeira (pulpo, churrasco, viño postre e café)....todo por 25 € por persoa.

Teremos música, sorteos e carallada toda a tarde, ata que nos cansemos....

Haberá servicio de bochinche para que a xente non pase sede.

Podedes invitar a quen queirades.

Teremos un servicio de venda de tiquets por adelantado. Contactar con José Ramón 659001030.

Tamén estarán tickets á venda no Hotel Tamara, A Esmorga, Trisquel, O Arranca e Parrillada Val de Barcala.

sábado, 29 de agosto de 2009

martes, 21 de xullo de 2009

PARA OS AFECCIONADOS Ó MOTOR


Que na nosa comparsa hai uns cantos afeccionados ás dúas rodas.

domingo, 21 de xuño de 2009

I TORNEO DE FÚTBOL 7 DE BARCALA


SÁBADO 18 DE XULLO E DOMINGO 19 DE XULLO OS PÍCAROS DE BARCALA ORGANIZAN O I TORNEO DE FÚTBOL 7

OS PREMIOS SERÁN OS SEGUINTES:
1º PREMIO....................1000 € + TROFEO
2º PREMIO.................... 500 € + TROFEO
3º PREMIO.................... 300 € + TROFEO

PRAZO DE INSCRIPCIÓN ATA O 17 DE XULLO ÁS 20 HORAS.
SORTEO O 17 DE XULLO ÁS 21 HORAS NO COLEXIO DE BARCALA.
TELEFONOS DE CONTACTO: 630.201.419 E 620.743.685 E NO E-MAIL: ospicarosdebarcala@hotmail.es
HABERÁ CHURRASCADA.

venres, 12 de xuño de 2009

SAN XOAN EN LAÑAS


Con motivo da proxima festa de San Xoan os amigos de Lañas queremos invitar a quen queira asistir a nosa festa que se celbrara o SABADO 20 a partires das 22 horas.
15 euro se veñen sos e 10 euros cada acompañante que traian. poden traer os que queiran.
pititos, entrantes, empanada, sardiñas, churrasco, viño do pais, pan de bola, refrescos, xogos populares, e cerraremos con unha gran queimada pa espantar as meigas de nos.
para amenizar todo esto habera un grupo musical que estara de parranda connosco toda a noite.
Para anotarse os telefonos 696523372 Xose Ramon e 679482624 Marcos Pena.

xoves, 4 de xuño de 2009

Festas de San Adrián en Barcala




O 21 de Xuño festa de novo en Barcala da man dos Pícaros de Barcala. Nesta ocasión estarán connosco o Grupo de Gaitas OS CAMPANTES DE A BAÑA, o Actor da TVG Federico Pérez (JOSITO EN PADRE CASARES) para facer a tradicional subasta de polos e a ORQUESTRA PRINCIPAL.
Esperamosvos a todos na festa.

martes, 12 de maio de 2009

FESTAS EN SEOANE

FESTA DOS MILAGROS


Grupo de Gaitas Os Castros

OS CASTROS actuarán xunto a Aramio en Barcala o próximo sábado 23 de maio na FESTA DOS MILAGRES. A Asociación Xuvenil "Os Pícaros de Barcala" está a organizar a Festa na Honra á Virxe dos Milagres.

A sesión vermut e verbena estarán a cargo do GRUPO ARAMIO e o bochinche estará aberto dende as 8 da mañá que hai a primeira misa.
NON PODES FALTAR!!!!!!!!!!!!!!!

xoves, 16 de abril de 2009

CAMBIO DATA FESTA XUVENTUDE ORDOESTE

A FESTA DA XUVENTUDE DE ORDOESTE PREVISTA PARA MAÑÁ VENRES 17 DE ABRIL, QUEDA APRAZADA ATA O DÍA 1 DE MAIO POLO MAL TEMPO.

xoves, 2 de abril de 2009

III FESTA DA XUVENTUDE EN ORDOESTE 17 DE ABRIL


haberá churrasco a esgalla, 8€ ración. Vinde todos a Ordoeste

luns, 23 de marzo de 2009


SEGUIMOS DE FESTA, FESTAZA EN A BAÑA O VENRES 27 DE MARZO.

venres, 13 de marzo de 2009

Estivemos onte en Radio Negreira


Onte 12 de marzo, Juan e Paco en representación dos Carnavaleiros de Barcala, foron entrevistados en Radio Negreira, para dar a coñecer a iniciativa para recopilar as fotos e vídeos da nosa comparsa que a xente que queira colaborar nos pode enviar á seguinte direccción carnavaleirosdebarcala@gmail.com ou a través de calqueira dos membros da comparsa.

mércores, 11 de marzo de 2009

Poema de Ardeiro, carnavaleiro que foi , adicado ó noso Val

BARCALA

Nas tardes, adormécese o Val,
baixo unha tona de suavísima prata.
E cando os últimos símbolos do día,
cando desembocan en nós superficies de escumas,
pobóanse os locais do ocio e da concordia,
que se inundan de palabras e luz
sob un teito irreal de lenzos brancos.

A harmonía invade a noite coma un bálsamo,
coma in sentir interno, de sabor misterioso...

Fora, voa o perfume de floresta nun ar decadente
da luz, que aproxima aos seres, que arreda a desolación
das hora húmidas.

As noites, a calor do viño, o sabor seu que conforta
esbarando en cada padal , escorregando verbas,
voces coutadas, fértil saudade das derrotas,
un cerimonial escurecido en cada noite, e que lindo
na solemne hora dos encontros...

Hai un alumiado calor de mostradores,
familiares olores coñecidos,
fragantes mornuras illadas, tan preciadas
na súa propia esencia terreal que nos invade.

Solar antigo e duro
de pedra e de fervor queimando o tempo,
transparente paraíso vexetal de craros e de sombras...

Aboian os outonos melancónicos, portadores de noite,
os xaneiros de entalados líquidos que se apretan amantes
contra a áspera terra xenerosa,
os veráns que firen as olladas coa luz
de desdebuxados soles nas quenturas estivais
e ofrecen noites recendentes a fiuncho e nostaxias.

Amamos isa esencia que con nós vai no tempo,
ise espacio gardado nas lentes da memoria,
e o pouso azul da terra que nos trae a soedade,
a paisaxe infinita de sonidos secretos.

Voltarán a nacer, coma as augas e as nubes,
lamacentas horas de noite e de tristura.
Viviremos días de sal e abatemento,
escuros fumes de tardes poeirentas,
que en seducción perversa nos depara
a caixa negra e xelada dos designios.

E unha vez máis sobreviviremos,
camiñando vieiros e ámbitos hostís,
baixo areales de cinza e intemperie,
convidándonos ao lume da concordia,
deixándonos levar por lúas tímidas
de craridade lene, concencia e terra verde.

Viviremos máxicas memorias de sorte consignada
navegando sobre o río do destino.


A Juan, Suso, Caamaño, Tino, Alfonso, Santiago,
José, Víctor, Villar, Costa, Chucho, Ángel,
"Casa Salvador", "Val de Barcala",
e algún máis que se me esquecerá...

(VERSOS DE AUSENCIA E DESAGRAVIO,2005)

luns, 9 de marzo de 2009

Cea Antroido 2009, tema final da verbena

Festa rachada na cea...... carnaval, carnaval, carnaval febreiro.

Novas fotos

Xa temos actualizada a galería con novas fotos

http://picasaweb.google.es/pacovilla04

venres, 6 de marzo de 2009

Buscamos fotos e videos da nosa comparsa

Facemos un chamamento a quen queira colaborar con nós aportando fotos ou vídeos da nosa comparsa, moita xente da comarca asidua ó antroido seguro que ten moitas , agradeceríamos que se puxera en contacto con nós na seguinte dirección de correo carnavaleirosdebarcala@gmail.com; a través da cal tamén nos podedes achegar as fotos ou videos. Gracias anticipadas pola colaboración.

xoves, 5 de marzo de 2009

O noso logo oficial deste ano



Se queredes ver fotos do antroido 2009 e anteriores pinchade o enlace abaixo

http://picasaweb.google.es/pacovilla04

Cea de Antroido

O sábado 7 Gran cea de antroido na parrillada O Pozo en Transmonte, o que non saiba onde é que pregunte. Estará amenizada por Oswaldo e por nós tamén, como non podía ser doutra maneira.