luns, 23 de marzo de 2009
venres, 13 de marzo de 2009
Estivemos onte en Radio Negreira
Onte 12 de marzo, Juan e Paco en representación dos Carnavaleiros de Barcala, foron entrevistados en Radio Negreira, para dar a coñecer a iniciativa para recopilar as fotos e vídeos da nosa comparsa que a xente que queira colaborar nos pode enviar á seguinte direccción carnavaleirosdebarcala@gmail.com ou a través de calqueira dos membros da comparsa.
mércores, 11 de marzo de 2009
Poema de Ardeiro, carnavaleiro que foi , adicado ó noso Val
BARCALA
Nas tardes, adormécese o Val,
baixo unha tona de suavísima prata.
E cando os últimos símbolos do día,
cando desembocan en nós superficies de escumas,
pobóanse os locais do ocio e da concordia,
que se inundan de palabras e luz
sob un teito irreal de lenzos brancos.
A harmonía invade a noite coma un bálsamo,
coma in sentir interno, de sabor misterioso...
Fora, voa o perfume de floresta nun ar decadente
da luz, que aproxima aos seres, que arreda a desolación
das hora húmidas.
As noites, a calor do viño, o sabor seu que conforta
esbarando en cada padal , escorregando verbas,
voces coutadas, fértil saudade das derrotas,
un cerimonial escurecido en cada noite, e que lindo
na solemne hora dos encontros...
Hai un alumiado calor de mostradores,
familiares olores coñecidos,
fragantes mornuras illadas, tan preciadas
na súa propia esencia terreal que nos invade.
Solar antigo e duro
de pedra e de fervor queimando o tempo,
transparente paraíso vexetal de craros e de sombras...
Aboian os outonos melancónicos, portadores de noite,
os xaneiros de entalados líquidos que se apretan amantes
contra a áspera terra xenerosa,
os veráns que firen as olladas coa luz
de desdebuxados soles nas quenturas estivais
e ofrecen noites recendentes a fiuncho e nostaxias.
Amamos isa esencia que con nós vai no tempo,
ise espacio gardado nas lentes da memoria,
e o pouso azul da terra que nos trae a soedade,
a paisaxe infinita de sonidos secretos.
Voltarán a nacer, coma as augas e as nubes,
lamacentas horas de noite e de tristura.
Viviremos días de sal e abatemento,
escuros fumes de tardes poeirentas,
que en seducción perversa nos depara
a caixa negra e xelada dos designios.
E unha vez máis sobreviviremos,
camiñando vieiros e ámbitos hostís,
baixo areales de cinza e intemperie,
convidándonos ao lume da concordia,
deixándonos levar por lúas tímidas
de craridade lene, concencia e terra verde.
Viviremos máxicas memorias de sorte consignada
navegando sobre o río do destino.
A Juan, Suso, Caamaño, Tino, Alfonso, Santiago,
José, Víctor, Villar, Costa, Chucho, Ángel,
"Casa Salvador", "Val de Barcala",
e algún máis que se me esquecerá...
(VERSOS DE AUSENCIA E DESAGRAVIO,2005)

martes, 10 de marzo de 2009
luns, 9 de marzo de 2009
Cea Antroido 2009, tema final da verbena
Festa rachada na cea...... carnaval, carnaval, carnaval febreiro.
venres, 6 de marzo de 2009
Buscamos fotos e videos da nosa comparsa
Facemos un chamamento a quen queira colaborar con nós aportando fotos ou vídeos da nosa comparsa, moita xente da comarca asidua ó antroido seguro que ten moitas , agradeceríamos que se puxera en contacto con nós na seguinte dirección de correo carnavaleirosdebarcala@gmail.com; a través da cal tamén nos podedes achegar as fotos ou videos. Gracias anticipadas pola colaboración.
xoves, 5 de marzo de 2009
Cea de Antroido
O sábado 7 Gran cea de antroido na parrillada O Pozo en Transmonte, o que non saiba onde é que pregunte. Estará amenizada por Oswaldo e por nós tamén, como non podía ser doutra maneira.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)