xoves, 28 de xaneiro de 2010

ENTROIDO NEGREIRA 2010

Vivora e Porcona, pregoeiras do Entroido 2010


25/01/10. Parexa artística do programa de humor da televisión galega «Air Galicia», onde como dúas señoronas moi especiais, analizan a actualidade dunha maneira moi particular, Vívora e Porcona serán as pregoeiras do desfile do Entroido 2010, o vindeiro día 13 de febreiro (sábado).

Este dueto humorístico formano a santiaguesa Patricia Vázquez García «Porcona», dedicada ó teatro profesional, sendo unha grande coñecida de series de ficción da TVG como: Mareas Vivas, Pratos Combinados, e na actualidad eco seu papel de Lidia na serie Padre Casares.

E doutro lado temos a un estradense chamado José Manuel Rodríguez Puente «Vívora», máis coñecido artísticamente por «Isi», quen saltou á fama tras gañar o concurso televisivo «O Rei da comedia», sendo un habitual de espazos de humor, series e programas de variedades da Galega (Acompañenos, Luar, etc…).

Máis variedade

O venres 12 pola noite, haberá un concurso de disfraces individual e por parexas coa actuación do grupo musical Tekila. Premios: 200, 100 e 50 euros.

O sábado 13, despois do desfile que rematará á altura da praza do Concello (rúa da Cachurra), gran baile amenizado polo grupo Triunfo, e posterior fallo do xurado e entrega de premios do concurso de carrozas e comparsas.

O domingo 14, pola tarde no restaurante Tamara, baile de disfraces dos maiores de Negreira e comarca. O primeiro premio consistirá nun fin de semana nun Parador de Galicia.

O luns 15, pola tarde no novo auditorio do Centro Sociocultural da vila, concurso e baile de disfraces infantil.

luns, 18 de xaneiro de 2010

II FESTA DA XUVENTUDE DE BARCALA. Os Pícaros de Barcala


O DIA 19 DE FEBREIRO DE 2010 TERA LUGAR EN BARCALA A 2ª FESTA DA XUVENTUDE.
A VERBENA ESTARÁ AMENIZADA POR A ORQUESTA AMÉRICA ( NON A AMÉRICA SL PARA QUE NON HAXA DÚBIDAS) E O GRUPO ALCOTÁN.
A FESTA COMEZARÁ SOBRE AS 22:30.
HABERá INSTALADA UNHA GRAN CARPA NO RECINTO , OS ASISTENTES DISPORÁN DUN AMPLO APARCADOIRO Ó LADO DA FESTA. E COMO NON, TAMÉN UN GRAN BOCHINCHE CON BEBIDA A ESGALLA.
TAMÉN VOS DAREMOS DE COMER POR QUE TEREMOS UN POSTO DE BOCADILLOS.
ALI VOS ESPERAMOS.