xoves, 10 de setembro de 2009
XANTAR ANTROIDEIRO
O sábado 19 de setembro, os antroideiros do Val de Barcala e amigos, imos a celebrar un xantar na Area Recreativa de Cobas.
Teremos misa solemne ás 13:30 oficiada polo párroco D.Juan Varela (nativo del "Palo del Zorro"), bombas de palenque e sesión vermout ofrecida polo DUO OSMAR. Pola tarde noite tamén contaremos coa actuación do grupo rock ROCKIN´13.
Despois teremos xantar con Pulpeira (pulpo, churrasco, viño postre e café)....todo por 25 € por persoa.
Teremos música, sorteos e carallada toda a tarde, ata que nos cansemos....
Haberá servicio de bochinche para que a xente non pase sede.
Podedes invitar a quen queirades.
Teremos un servicio de venda de tiquets por adelantado. Contactar con José Ramón 659001030.
Tamén estarán tickets á venda no Hotel Tamara, A Esmorga, Trisquel, O Arranca e Parrillada Val de Barcala.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Un entroido en setembro!!! isto si que é festa!! viva o entroido, vivan os carnavaleiros de barcala!! viva Barcala!!! e viva Pau do Raposo!!!
ResponderEliminar