mércores, 18 de agosto de 2010

ATA SEMPRE AMIGO

<

Juan Varela Areoso, membro fundador da comparsa “Os Carnavaleiros de Barcala” faleceu este venres aos 57 anos de idade no seu domicilio do Pao do Raposo, en Barcala (A Baña). O sepelio celebraráse este domingo ás 19:00 horas na Igrexa Parroquial de San Xoán de Barcala.

O falecemento de Juan Varela supón unha pérdida moi significativa na vida social barcalesa, onde era unha persoa moi coñecida e moi querida. Concelleiro do municipio de A Baña nos anos oitenta e membro fundador da comparsa “Os Carnavaleiros de Barcala” na mesma década, Juan Varela será recordado polo seu carácter afable e o seu sentido do humor.

Ademais da súa implicación social e política no Concello de A Baña e na súa querida Barcala, para o recordo quedan as súas sarcásticas e irónicas parodias das personaxes relevantes da comarca nos Entroidos de Negreira e o municipio bañés. Durante máis de vinte anos, Juan Varela analizou e repasou coas súas coplas retranqueiras e imitacións memorables a vida política e social da comarca de Barcala. Os seus compañeiros e amigos lembran con agarimo a súa caracterización do Papa Juan Pablo II.

Juan Varela entendía o Entroido coma ninguén o fai hoxe en día, sempre con respeto e moito humor, sendo fiel á esencia desta festa sobranceira na que a sátira se realiza a través da lírica e a música, e non a través de disfraces fastuosos que non levan á reflexión. Así nolo transmitiu ás distintas xeracións que hoxe conformamos a comparsa dos Carnavaleiros de Barcala. E así seguiremos honrando a súa memoria por moitos anos, onde o teremos presente coma se estive ao noso carón, rindo e facendo rir coma tantas veces fixo ao longo deste tempo.

Compañeiro de fatigas do ilustre poeta barcalés Xosé Manuel Ardeiro, falecido no ano 2007, vaise unha persoa entrañable, un compañeiro, un amigo. Barcala enteira lembrará a figura de Juan Varela. Ata sempre.

2 comentarios:

  1. Para mi la muerte de Juan ha sido como un jarro de agua fría, no soy capaz de explicar el cariño y aprecio que sentía hacía él. Donde este espero que siga con su alegría, aunque ahora no la pueda compartir con nosotros. Un beso muy fuerte hasta siempre amigo y confidente.

    ResponderEliminar
  2. A túa voz xa non está entre nós pero as túas historias, o teu carácter extraordinario e o teu cariño estarán sempre connosco. Alá onde esteas, un bico enorme.

    ResponderEliminar