martes, 8 de marzo de 2011
COPLAS ENTROIDO 2011
MERENGUE DE BARCALA (Ó NOSO MESTRE ENTROIDEIRO JUAN VARELA)
(Música Los Satélites)
Escoiten señores o que lles quero contar
Eu son de barcala, dun sitio moi singular
Témola festa do ano máis peculiar
Imos po entroido a bailar e a rachar
Xente ás moreas miran no campo da feira
Debaixo dos arcos rindo, tamén na carreira
Con comparsas e carrozas, non temos nada igual
A comparsa maís caralleira: “ os do val”
Se te pillo na arieira polo entroido de negreira
Tentarei darche unha frega e levarche pa xesteira
Dende o pao do raposo
Ahí empezounos todo
(instr.)
Se te pillo na arieira polo entroido de negreira
Feiras, festas e mercados hai temos na vila
Pero como os de barcala nunca tal se vira
Se te pillo na arieira polo entroido de negreira
Tamén lle chaman a gran vila do cotón
Se te perdes nela, hai usa o tomtón
(instr.)
Tentarei darche unha frega e levarche pa xesteira
Espero que veñas se non ves vouche a buscar
Ó entroido de negreira
Remata o merengue sabroso para bailar
No entroido deste val
VOLVER, VOLVER
Son un home traisionado
Ando todo alborotado por volver
Vou camiño do concello
Aínda que algúns me chamen vello
Ei volver
Deixamonos xa fai tempo
Pero chegoume o momento
De volver
Ti tiñas moita razón
Fágolle caso ó corasón
…
Ay que morro por volver
Ei volver volver volver
Ó concello outra vez
A maceiras bicarei,
Para volver, quero volver
Quero volver volver volver (instr)
Andan co conservatorio
Faltando un purguratorio para encher
De homes moi traisioneros,
Pecadores, embusteros
…
Adovezo por volver
E volver volver volver
A alcaldía outra vez
Aínda que me entre o estrés
Non sei perder, non sei perder
Quero volver polo interés
Aínda que me entre o estrés
Non sei perder, non sei perder
Quero volver volver volver
QUE CHE PASA
Que che pasa, antonio, que che pasa
Preguntan na cachurra e tamén na túa casa
Ata agora o soubo de repente
Vaille pili noutra lista
Sin aguera estar presente
Ay piliña, a do pin
Ay que rompecorazones
Mira non me abandones
Polas túas pretensiones
Nin ó entroido quere vir xa
Non se divirte con nada
Din que anda jorge detrás
Pa levala na súa manada
De recordo, gardas un gran disgusto
Cando a mete na lista alá de posto segundo
Jorge dalle, se ela ben quixera
Ai carallo non me extraña que se aburra do aguera
Ay piliña, a don pin
Ay que rompecorazones
Mira non me abandones
Polas túas pretensiones
Anda rey maceira detrás
Blanco tamén todo o día
Pero o que él quere ter
É por fín a alcaldía
QUE TONTERÍA
Que tontería, decindo o que non había
Cando todo mundo sabe que eu nunca che traisionaría
Que tontería, decindo que non nos queres, cando me aseguraches que querìas levar ó das peles
Mira que eu non fun pa nada
Quen che dou a puñalada
Vente conmigo na lista
E non sexas egoísta
Serei o rei das traídas, das escolas e das sillas
Terás a concellería, de obras e chatarrería
Moi contento as de estar, que ven te vou a tratar
Que tontería, decindo o que non había
Cando todo mundo sabe que eu nunca che traisionaría
Que tontería, decindo que non nos queres, cando me aseguraches que querìas levar ó das peles
Levareiche a inaugurar
A miña correduría
Non a podo estrear senón gaño a alcaldía
Soio me falta poñer unha mesa e unhas butacas
Como eu gañe as eleccións xa sei onde encontralas (2)
Que tontería, non lle fagas caso á xente
Que din que levo a furelos de concelleiro de medioambiente
Manda carallo que berlusconi e furelos andan xuntos pola vila con outra lista independente
Senón me como un roscón
Que se coce no cotón
Doulle un toquiño ó do fax
Para empezar a dar gas
E dín que vou tolear, que para poder estar
A antonio irei levar, a blanco vou repescar
E o bloque vou conquistar para podelas gañar
Que tontería, non lle fagas caso á xente
Que din que levo a furelos de concelleiro de medioambiente
Manda carallo que berlusconi e furelos andan xuntos pola vila con outra lista independente
POR QUÉ ME DICHES O VOTO, POR QUÉ
¿Por qué non me dís nada
Ti sabes, que eres a máis mimada(ay piliña)
Xa estás máis alonxada ti de mín
Ay non volvas ó pin
Parece que che da xa todo igual
Ata ó paseo fluvial
Nin coa pedrada a sede
Co atraco ó banco
E máis ó estanco
E non che importa,
Nin che move,
Nin provoca
E eu co teu apoio
Aínda manteño o bastón
Agora que levamos algún tempo
Xa che collín o tento ¡ay jorge!
A cambio do meu voto no pleno
Dechesme un bo sustento
Pero agora veñen outras eleccións
Teño outras ambicións
Agora empeza de novo
Se vai aguera
Cambio de acera
Que non che importe
Que a mellor dote
Sexa a que vote
Se queres o meu apoio
Vai soltando un pastón
Por qué me diches o voto por qué?
Por que me fas isto agora por qué?
Eu que cho din todiño, dime por qué e por qué
Eu non quero os teus cariños jorge
Eu quero mais cartiños jorge
Así que vai ó banco
Senón voume con blanco
SALTAREI
Nesta temporada de ereccións
Andamos como lambóns
Buscando o voto perdido debaixo ata dos colchóns
Uns vendendo rifas po sorteo, outros abrindo paseos, bebetecas e museos pa calar á oposición
Para conquistarvos, saltareiiiiiiiiiii
Saltarei por enriba de quen sexa para poder gañar as eleccións
Andarei as escuras nos camiños para sacarvos o votiño ay pasmóns
E direi o que a min máis me conveña facendo as veiriñas andarei,
E ben sei que coas miñas mentiriñas
Eu gañarei, e gañarei, e gañarei
Andamos todos adobecidos para ver quen inaugura
O polígono embruxado, éste si que non ten cura
Vainos vir ata o berlusconi, era o que nos faltaba
Éste tena como un poni, dios nos libre se a saca
Para conquistarvos, saltareiiiiiiiiiii
Saltarei por enriba de quen sexa para poder gañar as eleccións
Andarei as escuras nos camiños para sacarvos o votiño ay pasmóns
Poñereime como digas e queiras
Pa entregarche o sobre andarei
Se me apretas tamén eu chorarei
Canto contiño hai que facer para vencer
Saltarei por enriba de quen sexa para poder gañar as eleccións
Andarei as escuras nos camiños para sacarvos o votiño ay pasmóns
Para sacarvos o votiño ay pasmóns
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario