xoves, 2 de febreiro de 2012
Xa está chegando, xa está aquí Entroido 2012 Negreira
O actor e humorista muradán, Víctor Fábregas Martínez, quen durante seis anos formou parte do xa mítico dúo humorístico «Os Tonechos», no seu papel de Tucho, xunto co non menos coñecido Roberto Vilar, vai selo pregoeiro das festas do Entroido 2012 de Negreira, cuxo programa abrirase o venres, día 17 pola noite, co baile amenizado pola orquestra PANAMÁ na carpa instalada na Praza do Concello, e cuxa xornada grande terá lugar o sábado de Entroido, día 18 de febreiro pola tarde, co tradicional desfile e concurso de carrozas e comparsas, ca este ano conserva a mesma cuantía dos seus premios:
CARROZAS COMPARSAS IND./PARELLAS GRUPOS
1º 1.000 1º 1000 1º 150 1º 250
2º 600 2º 600 2º 100 2º 150
3º 300 3º 300 3º 50 3º 100
4º 150 4º 150
1º accésit 100 1º accésit 100
2º accésit 100 2º accésit 100
Premio á mellor copla: 60 euros
Unha vez rematado o desfile de carrozas e comparsas, comenzará a actuación do grupo musical TRIUNFO na Praza do Concello, lugar da entrega final dos premios.
DOMINGO DE ENTROIDO
A partir das sete da tarde, celebraráse no Centro Sociocultural, o baile e concurso de disfraces para os maiores, amenizado polo Dúo Rosán.
- Premio á mellor parella: Unha cea para 2 persoas no restaurante Casa Barqueiro
- Premio mellor disfraz: Unha cafeteira Dulce Gusto
- Premio mellor caracterización: Un lote de botellas de viño
LUNS DE ENTROIDO
Baile infantil e concurso de disfraces no Centro Sociocultural, con entrada a partir das 17 horas, e comenzo do desfile unha hora máis tarde.
Premios categoría A (1 a 6 anos):
1º - Cheque agasallo por valor de 100 euros
2º - Lote xogos didácticos
3º - Lote libros
Premios categoría B (7 a 16 anos):
1º - Vídeo Consola Wii
2º - Cámara dixital fotos
3º - Un MP4
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario