Vivora e Porcona, pregoeiras do Entroido 2010
25/01/10. Parexa artística do programa de humor da televisión galega «Air Galicia», onde como dúas señoronas moi especiais, analizan a actualidade dunha maneira moi particular, Vívora e Porcona serán as pregoeiras do desfile do Entroido 2010, o vindeiro día 13 de febreiro (sábado).
Este dueto humorístico formano a santiaguesa Patricia Vázquez García «Porcona», dedicada ó teatro profesional, sendo unha grande coñecida de series de ficción da TVG como: Mareas Vivas, Pratos Combinados, e na actualidad eco seu papel de Lidia na serie Padre Casares.
E doutro lado temos a un estradense chamado José Manuel Rodríguez Puente «Vívora», máis coñecido artísticamente por «Isi», quen saltou á fama tras gañar o concurso televisivo «O Rei da comedia», sendo un habitual de espazos de humor, series e programas de variedades da Galega (Acompañenos, Luar, etc…).
Máis variedade
O venres 12 pola noite, haberá un concurso de disfraces individual e por parexas coa actuación do grupo musical Tekila. Premios: 200, 100 e 50 euros.
O sábado 13, despois do desfile que rematará á altura da praza do Concello (rúa da Cachurra), gran baile amenizado polo grupo Triunfo, e posterior fallo do xurado e entrega de premios do concurso de carrozas e comparsas.
O domingo 14, pola tarde no restaurante Tamara, baile de disfraces dos maiores de Negreira e comarca. O primeiro premio consistirá nun fin de semana nun Parador de Galicia.
O luns 15, pola tarde no novo auditorio do Centro Sociocultural da vila, concurso e baile de disfraces infantil.
xoves, 28 de xaneiro de 2010
luns, 18 de xaneiro de 2010
II FESTA DA XUVENTUDE DE BARCALA. Os Pícaros de Barcala

O DIA 19 DE FEBREIRO DE 2010 TERA LUGAR EN BARCALA A 2ª FESTA DA XUVENTUDE.
A VERBENA ESTARÁ AMENIZADA POR A ORQUESTA AMÉRICA ( NON A AMÉRICA SL PARA QUE NON HAXA DÚBIDAS) E O GRUPO ALCOTÁN.
A FESTA COMEZARÁ SOBRE AS 22:30.
HABERá INSTALADA UNHA GRAN CARPA NO RECINTO , OS ASISTENTES DISPORÁN DUN AMPLO APARCADOIRO Ó LADO DA FESTA. E COMO NON, TAMÉN UN GRAN BOCHINCHE CON BEBIDA A ESGALLA.
TAMÉN VOS DAREMOS DE COMER POR QUE TEREMOS UN POSTO DE BOCADILLOS.
ALI VOS ESPERAMOS.
mércores, 11 de novembro de 2009
Presentación da Plataforma Máis Música

PRÓXIMAS ACTIVIDADES:
- VENRES, 13 de novembro: Xuntanza da Plataforma MÁIS MÚSICA para preparar as actividades inmediatas. Reunión aberta para todas as persoas e colectivos que queiran participar. Confirmación asistencia grupos e intérpretes á xornada musical do 22 de novembro en Santiago (20.30 h. Casa da Cultura de Negreira).
- XOVES, 19 de novembro: Acto literario-musical, presentación e firma do escrito coa petición do Conservatorio. Intervención de David Durán -director- e Fernando Rey -profesor- do Conservatorio Profesional de Música de Santiago. Actuacións musicais. Distribución dos carteis da Plataforma MÁIS MÚSICA (20 h. Casa da Cultura de Negreira).
- DOMINGO, 22 de novembro: A música da comarca barcalesa en Santiago. Nas prazas, rúas e locais da Compostela monumental, acompañando ós nosos músicos (na tarde-noite dese domingo, das 18 ás 24 h.).
....................................
..........(Deseño do logotipo MÁIS MÚSICA: Elena Paredes Sánchez, profesora de Debuxo no IES Xulián Magariños de Negreira).
xoves, 10 de setembro de 2009
XANTAR ANTROIDEIRO

O sábado 19 de setembro, os antroideiros do Val de Barcala e amigos, imos a celebrar un xantar na Area Recreativa de Cobas.
Teremos misa solemne ás 13:30 oficiada polo párroco D.Juan Varela (nativo del "Palo del Zorro"), bombas de palenque e sesión vermout ofrecida polo DUO OSMAR. Pola tarde noite tamén contaremos coa actuación do grupo rock ROCKIN´13.
Despois teremos xantar con Pulpeira (pulpo, churrasco, viño postre e café)....todo por 25 € por persoa.
Teremos música, sorteos e carallada toda a tarde, ata que nos cansemos....
Haberá servicio de bochinche para que a xente non pase sede.
Podedes invitar a quen queirades.
Teremos un servicio de venda de tiquets por adelantado. Contactar con José Ramón 659001030.
Tamén estarán tickets á venda no Hotel Tamara, A Esmorga, Trisquel, O Arranca e Parrillada Val de Barcala.
sábado, 29 de agosto de 2009
martes, 21 de xullo de 2009
domingo, 21 de xuño de 2009
I TORNEO DE FÚTBOL 7 DE BARCALA
OS PREMIOS SERÁN OS SEGUINTES:
1º PREMIO....................1000 € + TROFEO
2º PREMIO.................... 500 € + TROFEO
3º PREMIO.................... 300 € + TROFEO
PRAZO DE INSCRIPCIÓN ATA O 17 DE XULLO ÁS 20 HORAS.
SORTEO O 17 DE XULLO ÁS 21 HORAS NO COLEXIO DE BARCALA.
TELEFONOS DE CONTACTO: 630.201.419 E 620.743.685 E NO E-MAIL: ospicarosdebarcala@hotmail.es
HABERÁ CHURRASCADA.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

